Ola de novo!!!!
Hoxe vouvos a explicar como se xoga a un xogo de mesa ao que se xoga moito na miña casa.
Só precisas un folio para cada xogador e un bolígrafo. Para comezar sentádevos nunha mesa e facede unha táboa en todo o folio con 14 columnas, a primeira é onde se pon a letra, e na última onde se pon o número de puntos. E no resto terás que por, neste orde estas palabras: nome, apelido, comida, animal, país, poupa, cores, corpo (partes), marcas (de calquera tipo de cousas), obxectos, televisión (series, debuxos, personaxes, películas, canais...) e xoguetes ou xogos.
Agora si, comeza o xogo!!!
Á de tres metedes todos as mans debaixo da mesa e as sacades cun número de dedos estirados, algún dos xogadores vai dicindo o abecedario mentres conta todos os dedos, se sodes moitos e remátase o abecedario vólvese a comezar polo A. Imos imaxinar que toca o R, daquela teredes que escribir un nome que comece por R, un apelido, e todas as palabras das columnas.
Cando un xogador remata ten que levantar as mans e berrar "tempo!!", neste momento todos teredes que parar de escribir e ir dicindo un por un o que tedes en cada columna. Se non tes nada 0 puntos, se tes algo pero outra persoa ten a mesma palabra ca ti 5 puntos e se só tes ti esa palabra e é correcta 10 puntos, cando rematedes teredes que sumar os puntos e poñelos na columna que pon puntos e así sucesivamente.
Cando se vos acabe o folio ou queriades parar de xogar teredes que sumar os puntos e gañador será o que conseguise máis puntos.
Se xogades adultos nenos e mellor que poñades un tempo, por exemplo 2 minutos, e cando o tempo remate será cando teredes que comezar co reconto de puntos, se non sempre gañariades os adultos xa que escribides máis rápido.
![]() |
Agora xa máis moderno/ imaxe de google |