domingo, 9 de xuño de 2019

o xogo das palabras



Ola de novo!!!!

Hoxe vouvos a explicar como se xoga a un xogo de mesa ao que se xoga moito na miña casa.

Só precisas un folio para cada xogador e un bolígrafo. Para comezar sentádevos nunha mesa e facede unha táboa en todo o folio con 14 columnas, a primeira é onde se pon a letra, e na última onde se pon o número de puntos. E no resto terás que por, neste orde estas palabras: nome, apelido, comida, animal, país, poupa, cores, corpo (partes), marcas (de calquera tipo de cousas), obxectos, televisión (series, debuxos, personaxes, películas, canais...) e xoguetes ou xogos.

Agora si, comeza o xogo!!! 
Á de tres metedes todos as mans debaixo da mesa e as sacades cun número de dedos estirados, algún dos xogadores vai dicindo o abecedario mentres conta todos os dedos, se sodes moitos e remátase o abecedario vólvese a comezar polo A. Imos imaxinar que toca o R, daquela teredes que escribir un nome que comece por R, un apelido, e todas as palabras das columnas. 

Cando un xogador remata ten que levantar as mans e berrar "tempo!!", neste momento todos teredes que parar de escribir e ir dicindo un por un o que tedes en cada columna. Se non tes nada 0 puntos, se tes algo pero outra persoa ten a mesma palabra ca ti 5 puntos e se só tes ti esa palabra e é correcta 10 puntos, cando rematedes teredes que sumar os puntos e poñelos na columna que pon puntos e así sucesivamente.

Cando se vos acabe o folio ou queriades parar de xogar teredes que sumar os puntos e  gañador será o que conseguise máis puntos.

Se xogades adultos  nenos e mellor que poñades un tempo, por exemplo 2 minutos, e cando o tempo remate será cando teredes que comezar co reconto de puntos, se non sempre gañariades os adultos xa que escribides máis rápido.  
Agora xa máis moderno/ imaxe de google
https://www.google.com/search?q=quisterico+juego+de+mesa&tbm=isch&tbas=0&source=lnt&sa=X&ved=0ahUKEwiv8N2mit3iAhVx5-AKHe6_CC0QpwUIIQ&biw=1280&bih=881&dpr=1#imgrc=usNtnVaBtVs1hM:




noticia propia


O fogar dos esquecidos.

Acondiciónase na Pobra do Caramiñal un espazo natural para animais abandonados.

O Goberno da Pobra acondiciona un espazo natural para todos os animais abandonados. Todos aqueles animais aos que os seus donos os maltrataban, os deixaban perdidos no monte ou non lle daban cariño nin os coidados que precisan.
Cans pedíndolle axuda e refuxio á xente/ imaxe de Pixabay

No Concello da Pobra acórdase  darlle este fogar a estes animais neste verán. O 16 de xullo todos estes animais poderán disfrutar do fogar que merecen con todo tipo de coidados  hacia eles.
Gato triste e só/ imaxe de Pixabay

Isto vaise facer nunhas fincas que están pegadas e son propiedade do concello . Son fincas sen edificar e moi ben coidadas, e dentro de pouco serán o perfecto fogar para estes pobres animais.

Este proxecto vaise levar a cabo contratando unhas persoas para adecuar o espazo; preparando as casetas para os animais, os bebedoiros e os comedeiros. Tamén plantarán árbores para ter un espazo de sombra, construirán zonas de adestramento e de actividades. Construirase unha caseta para servizos veterinarios, zonas de aseo e moitas cousas máis.
Cadelo abandonado ao non ser coidadosos ca reprodución non desexada/ imaxe de Pixabay

Para isto tamén van a contratar persoal especializado coa formación específica necesaria para ocupar os distintos postos de traballo. Neste fogar o primeiro son eles, estes animais que non se merecen o que os seus donos lle fixeron.
Gato perdido/ imaxe de Pixabay 

Segundo os datos aportados polas protectoras de animais da Comarca do Barbanza, son moitos os animais abandonados cando deixan de ser cachorros e tamén cando están enfermos. Sendo importante tamén mencionar, que hai unha falta de responsabilidade moi grande con respecto a reprodución non desexada. 

A Policía Local recibe continuas chamadas para alertar de animais que circulan sen rumbo pola estradas e as beirarrúas. 

O fin deste proxecto e poder garantir un espazo acondicionado para aqueles animais que tristemente deixan de vivir cas súas familias, é dende logo unha alternativa interesante, financiada polo Concello.
Can abandonado/ imaxe de Pixabay
Can sucio e olvidado/ imaxe de Pixabay


Aisha, POBRA 09062019 ás 20:09.



buscador


Bos días amig@s!!!!!!!!

Hoxe vouvos a explicar como se xoga a un xogo de mesa chamado Buscador. É un xogo para nenos e nenas de máis de oito anos e pódese xogar de dúas a catro persoas.

Este xogo está composto por: 32 pezas de cor vermello, 32 azuis, 32 amarelas e 32 verdes; tamén trae un recipiente para botar as pezas, un temporizador de quince segundos, 12 tarxetas de dobre cara e as instrucións.

O xogo consiste en buscar e atopar no recipiente as seis pezas que hai na túa tarxeta, en cada ronda cada xogador ten 15 segundos para buscar cas dúas mans, cando acabe o tempo todos os xogadores poden buscar cunha man ata que alguén atope os seis elementos da súa tarxeta.

As tarxetas teñen dúas caras, a primeira ten pezas de cor entón terás que atopar as pezas desa cor, e na segunda cara as pezas son de con gris entón terás que atopar as pezas de calquera cor.

Antes de comezar a xogar tedes que acordar se ides a utilizar a cara das tarxetas de cor ou a gris, a cara elixida será a utilizada durante toda a ronda. A continuación baralla as tarxetas e dalle unha a cada xogador. Este deberá colocala diante súa ca cara elixida hacia arriba, despois coloca o temporizador xunto ao recipiente. Pon todas as pezas xunto ao recipiente e mestúralas.

O primeiro xogador activará o temporizador e terá 15 segundos para atopar tantas pezas da súa tarxeta como poida (usando as dúas mans). O xogador colocará as pezas que atopase sobre a súa imaxe na tarxeta. Cando remate o temporizador o turno pasa á persoa da esquerda do xogador e volverá a facer o mesmo que o anterior, así ata que todos os xogadores tivesen o seu turno. Cando o último xogador complete o seu turno todos os xogadores comezarán a buscar pezas para completar as súas tarxetas pero agora só cunha man. Se algún xogador ve a outro cas dúas mans debe gritar o seu nome, e este quedará fóra do xogo durante esa ronda, neste escenario chamado "a por todas" non hai límite de tempo, o tempo remata cando un xogador atopa todas as pezas da súa tarxeta, este será o gañador da ronda e gañará esa tarxeta. Se dous ou mais xogadores atopan a última peza ao mesmo tempo ambos gañan esa ronda. Se algún xogador atopa todas as pezas durante os 15 segundos gaña esa ronda e quedase coa tarxeta.

O primeiro xogador en acumular tres tarxetas (a través de gañar tres rondas) gaña o xogo.
Imaxe de google
https://www.google.com/search?q=buscador+juegos+mesa&source=lnms&tbm=isch&sa=X&ved=0ahUKEwiy1OTrjd3iAhULnxQKHfDhDLQQ_AUIECgB&biw=1280&bih=832

sábado, 8 de xuño de 2019

os deberes


Bos días a todos e a todas!!!!!

Hoxe imos falar sobre os pros e os contras dos deberes.

Os deberes son bos, porque con eles podes repasar para un exame ou para algunha proba, e tamén serven para que dun día para outro non se che olviden as cousas que estás dando en cada materia.

Pero o que pasa é que ás veces son demasiados e non tes tempo para xogar cos teus amigos, para ver un pouco a televisión ,para ir a visitar ós teus avos ou, por exemplo, para coidar do teu primo pequeno.

Eu creo que os deberes son bos sempre que sexan unha cantidade que che permita facer todas estas cousas que tes que facer na túa vida e que non teñas que estar toda a tarde sentada ou sentado no escritorio da túa habitación.
Imaxe de Aisha Casado Rey




vacacións a tenerife



Ola de novo amig@s !!!!!!!!

En Maio fomos de vacacións a Tenerife a un hotel chamado Tagoro, ante de ir estabamos pensando se ir a ese hotel ou ao Baía Príncipe, pero como o ano pasado fósemos a Lanzarote ao hotel Tagoro e encantounos decidimos ir ao Tagoro de Tenerife.

Fomos 14 persoas: Ian (meu irmán), miña nai, meu pai, miña madriña, meu tío, Suray (miña curmá), Inés (unha amiga),  o seu irmán David, a súa nai, o seu pai, Gabri (outra amiga), Pablo (un amigo), a súa nai e eu.

Ao chegar alí o hotel non se parecía nada ao de Lanzarote, era, con diferencia, moito peor. Aínda así collemos o equipaxe e fomos para as habitacións a deixalo. A continuación puxémonos o bikini e fomos a comer ao buffet, alí fixémonos amigos dun cociñeiro que facía unha pasta riquísima, el chamábase Davide e era de Francia.

Ao rematar de comer fomos á piscina ata as sete que fomos para as habitacións a ducharnos para ir a cear. Despois de cear fomos á discoteca e despois fomos durmir.
Cada día Ana (a nai de Inés) ensinaranos frases en galego que se dicían cando ela era pequena.

Ao día seguinte, pola tarde fomos á praia cunhas primas de Suray, chámanse Lúa, Nair e Nati, son moi divertidas.

Ao día seguinte fomos ao Teide, un anaco o subimos nos coches, outro en teleférico e xa o último que podiamos subir ao ser menores de idade, o subimos andando.

Dous días despois as primas de Suray coláronse no hotel para estar connosco e cando abriu o comedor para cear aínda estabamos na piscina, entón Gabri entrou no comedor e tróuxonos nubes molladas na fonte de chocolate, cada vez que pasaba alguén que traballaba no hotel Lúa, Nair e Nati tiñas que esconder a man para que esas persoas non viran que non tiñan pulseira de todo incluído. Pasámolo xenial.

Ao día seguinte fomos ao Aqualand, alí sacámonos fotos cos delfíns e estivemos todo o día subindo e baixando as escaleiras para tirarnos polos tobogáns. 

Tiñamos as habitacións unha ao lado da outra e como os muros que separaban as terrazas eran bastante baixos andabamos a saltar dunha a outra terraza e a xogar ao brilé cunha pelota, que se nos caía abaixo todo seguido, e como os de debaixo eran ingleses, cando caía lle deciamos: "give me the ball please" e os veciños no la tiraban para arriba.

A pesar de que o hotel non tiña nada que ver co que esperabamos, pasámolo xenial!!!!


Imaxe de Aisha Casado Rey

Imaxe de Aisha Casado Rey

martes, 16 de abril de 2019

vacacións a Lanzarote



Ola outra vez amig@s !!!!!

Hoxe vouvos a contar a miña experiencia en Lanzarote.

O ano pasado, máis concretos o 12 de maio, fun a Lanzarote con: meu irmán Ian, miña nai, meu pai, miña curmá Suray, miña madriña, meu tío, unha amiga nosa que se chama Gabriela, outra amiga que se chama Inés, seu irmán David, súa nai, seu pai, un neno que se chama Pablo e a súa nai.

Fomos a un hotel que se chama Tagoro, tiña varias piscinas, unha tiña tobogáns, e tamén había un jacussi ao que non podiamos ir xa que era para nenos e nenas de máis de doce anos e eu, que era a máis maior tiña once, aínda así, de vez en cando iamos sen que ninguén se decatase.

As nosas habitacións tiñan unha cama de matrimonio, un baño, e unha habitación especial para os nenos. Nela había dúas camas laranxas, un puf laranxa e outro azul, un baúl cheo de xoguetes, un televisor e unha PS4 ca que se podía xogar alquilando os xogos en recepción. Supoño que para a vosa sorpresa a PS4 non foi o que máis nos importou porque pasábamos os días nas piscinas.

Nos tiñamos unhas pulseras de todo incluído, entón pasábamos todo o día comendo, no buffet e nunha especie de cafetaría que abría polas tardes e polas mañás na que había xeados, hamburguesas, hot dogs e donuts.

Cando pechaban as piscinas iamos as habitacións, duchabámonos, vestiámonos e iamos a cear, cando acababamos de cear iamos a unha discoteca e mentres os pais tomaban algo, nos non parabamos de bailar e de rir.

Pasámolo tan ben que este ano imos repetir, pero indo a Tenerife, xa que este ano é máis barato e alí é onde viven as curmás da miña curmá e cáennos moi ben a todos xa que son moi divertidas. Estou desexando marchar.


os cuartos infantís/ imaxe de Aisha Casado Rey


venres, 12 de abril de 2019

O instituto, unha nova meta.


Ola de novo!!!!!

A xente cre que o instituto é algo perigoso, que as notas van a baixar de maneira moi doada, que o van a pasar mal, que vai a haber que estudar moito e todo o malo que poidas imaxinar.

Pero iso é todo mentira, ao contrario do que se pensa, ter un profesor para cada materia é bo, xa que así se che cae mal non o tes que soportar todos os días a todas horas. Poder por partes é malo se che portas mal, pero se non iso non é un inconvinte. No instituto pensarás que che vas a perder, e non che afirmo que nunca te perdas, pero só será os primeiros días, logo xa te acostumas e sínteste libre, comoa unha bolboreta nun compo cheo de flores.

Eu creo que o instituto mola moito e, para nada é algo que haia que temer, é máis, é algo moi divertido.

Imaxe de google

https://www.google.com/search?rlz=1C1GGGE_esES768ES768&biw=1280&bih=832&tbm=isch&sa=1&ei=Rlv9XJvNCpiLjLsPmvu7wAo&q=fotos+del+ies+pobra&oq=fotos+del+ies+pobra&gs_l=img.3...85631.93036..94164...0.0..0.79.1228.19......0....1..gws-wiz-img.......0i67j0j0i8i30.shw0nQPhOAM#imgrc=qNc6vd9cAmtOXM:



video

domingo, 7 de abril de 2019

noticia da semana 2: incendio


imaxe de google
Noticia:
Un incendio forestal que comenzou en Dodro chega á zona de Burés, en Rianxo.

Fontes de información:  La voz de Galicia e Público

Resumo da noticia:
Un incencio en Rianxo chegou a queimar máis de oitocentas cincuenta hectáreas, foi causado por unha chispa de electricidade que saiu dunha torre de electricidade. O incendio comezou en  Dodro e chegou á zona de Burés. Tras moito traballo os bombeiros e a garda forestal conseguiron apagalo.

Opinión crítica:
Os incendios non están ben xa que queimamos as plantas e elas son as que nos proporcionan o osíxeno que respiramos cada día.

mércores, 27 de marzo de 2019

Noticia da semana 1: Brexit







imaxe Brexit
Noticia:


Fontes de información: El pais e El mundo


Resumo da noticia: O Reino Unido quere independizarse da Unión Europea e inténtanno facer paso a paso, porque din que é un risco apreciable.


Opinión crítica: Eu creo que esta noticia e moi interesante xa que mostra o proceso da independencia do Reino Unido

venres, 22 de marzo de 2019

Unhas vacacións catastróficas


Ola de novo amigos e amigas!!

Hoxe estou aquí para falarvos sobre as miñas vacacións á neve.

Sendo sincera paseino moi ben pero hai que dicir que foron un pouquiño catastróficas.

Fomos o xoves de semana santa ca idea de volver o domoingo, pero ao final non foi así.

O xoves pola tarde cando chegamos alí chamounos o noso avó dicindo que estaba en urxencias ca nosa avoa porque caera na casa. Ao final só rompera tres costelas e dera un golpe na cabeza, xa está ben. O venres subimos á neve pola maña e o meu tío caeu do trineo e rompeu unha perna. E o venres pola noite o meu irmán púxose a vomitar e acabou no hospital o sábado ao mediodía.

A pesar disto e de que a veciña tiña un mal humor enriba que non vexas paseino moi ben.


Imaxe de Aisha Casado Rey

A miña primeira entrada

Bos días a todos e a todas!!

Son Aisha e este é o meu novo blog.

Nel imos tratar varios temas diferentes. Un deles vai ser sobre os pros e os contras dos deberes, outro será sobre diferentes viaxes que fixen na miña vida, da miña opinión do cambio de primaria ao instituto, e creo que xa o último, sobre algúns xogos de mesa.



Imaxe de Aisha Casado Rey