martes, 16 de abril de 2019

vacacións a Lanzarote



Ola outra vez amig@s !!!!!

Hoxe vouvos a contar a miña experiencia en Lanzarote.

O ano pasado, máis concretos o 12 de maio, fun a Lanzarote con: meu irmán Ian, miña nai, meu pai, miña curmá Suray, miña madriña, meu tío, unha amiga nosa que se chama Gabriela, outra amiga que se chama Inés, seu irmán David, súa nai, seu pai, un neno que se chama Pablo e a súa nai.

Fomos a un hotel que se chama Tagoro, tiña varias piscinas, unha tiña tobogáns, e tamén había un jacussi ao que non podiamos ir xa que era para nenos e nenas de máis de doce anos e eu, que era a máis maior tiña once, aínda así, de vez en cando iamos sen que ninguén se decatase.

As nosas habitacións tiñan unha cama de matrimonio, un baño, e unha habitación especial para os nenos. Nela había dúas camas laranxas, un puf laranxa e outro azul, un baúl cheo de xoguetes, un televisor e unha PS4 ca que se podía xogar alquilando os xogos en recepción. Supoño que para a vosa sorpresa a PS4 non foi o que máis nos importou porque pasábamos os días nas piscinas.

Nos tiñamos unhas pulseras de todo incluído, entón pasábamos todo o día comendo, no buffet e nunha especie de cafetaría que abría polas tardes e polas mañás na que había xeados, hamburguesas, hot dogs e donuts.

Cando pechaban as piscinas iamos as habitacións, duchabámonos, vestiámonos e iamos a cear, cando acababamos de cear iamos a unha discoteca e mentres os pais tomaban algo, nos non parabamos de bailar e de rir.

Pasámolo tan ben que este ano imos repetir, pero indo a Tenerife, xa que este ano é máis barato e alí é onde viven as curmás da miña curmá e cáennos moi ben a todos xa que son moi divertidas. Estou desexando marchar.


os cuartos infantís/ imaxe de Aisha Casado Rey


venres, 12 de abril de 2019

O instituto, unha nova meta.


Ola de novo!!!!!

A xente cre que o instituto é algo perigoso, que as notas van a baixar de maneira moi doada, que o van a pasar mal, que vai a haber que estudar moito e todo o malo que poidas imaxinar.

Pero iso é todo mentira, ao contrario do que se pensa, ter un profesor para cada materia é bo, xa que así se che cae mal non o tes que soportar todos os días a todas horas. Poder por partes é malo se che portas mal, pero se non iso non é un inconvinte. No instituto pensarás que che vas a perder, e non che afirmo que nunca te perdas, pero só será os primeiros días, logo xa te acostumas e sínteste libre, comoa unha bolboreta nun compo cheo de flores.

Eu creo que o instituto mola moito e, para nada é algo que haia que temer, é máis, é algo moi divertido.

Imaxe de google

https://www.google.com/search?rlz=1C1GGGE_esES768ES768&biw=1280&bih=832&tbm=isch&sa=1&ei=Rlv9XJvNCpiLjLsPmvu7wAo&q=fotos+del+ies+pobra&oq=fotos+del+ies+pobra&gs_l=img.3...85631.93036..94164...0.0..0.79.1228.19......0....1..gws-wiz-img.......0i67j0j0i8i30.shw0nQPhOAM#imgrc=qNc6vd9cAmtOXM:



video

domingo, 7 de abril de 2019

noticia da semana 2: incendio


imaxe de google
Noticia:
Un incendio forestal que comenzou en Dodro chega á zona de Burés, en Rianxo.

Fontes de información:  La voz de Galicia e Público

Resumo da noticia:
Un incencio en Rianxo chegou a queimar máis de oitocentas cincuenta hectáreas, foi causado por unha chispa de electricidade que saiu dunha torre de electricidade. O incendio comezou en  Dodro e chegou á zona de Burés. Tras moito traballo os bombeiros e a garda forestal conseguiron apagalo.

Opinión crítica:
Os incendios non están ben xa que queimamos as plantas e elas son as que nos proporcionan o osíxeno que respiramos cada día.