martes, 16 de abril de 2019

vacacións a Lanzarote



Ola outra vez amig@s !!!!!

Hoxe vouvos a contar a miña experiencia en Lanzarote.

O ano pasado, máis concretos o 12 de maio, fun a Lanzarote con: meu irmán Ian, miña nai, meu pai, miña curmá Suray, miña madriña, meu tío, unha amiga nosa que se chama Gabriela, outra amiga que se chama Inés, seu irmán David, súa nai, seu pai, un neno que se chama Pablo e a súa nai.

Fomos a un hotel que se chama Tagoro, tiña varias piscinas, unha tiña tobogáns, e tamén había un jacussi ao que non podiamos ir xa que era para nenos e nenas de máis de doce anos e eu, que era a máis maior tiña once, aínda así, de vez en cando iamos sen que ninguén se decatase.

As nosas habitacións tiñan unha cama de matrimonio, un baño, e unha habitación especial para os nenos. Nela había dúas camas laranxas, un puf laranxa e outro azul, un baúl cheo de xoguetes, un televisor e unha PS4 ca que se podía xogar alquilando os xogos en recepción. Supoño que para a vosa sorpresa a PS4 non foi o que máis nos importou porque pasábamos os días nas piscinas.

Nos tiñamos unhas pulseras de todo incluído, entón pasábamos todo o día comendo, no buffet e nunha especie de cafetaría que abría polas tardes e polas mañás na que había xeados, hamburguesas, hot dogs e donuts.

Cando pechaban as piscinas iamos as habitacións, duchabámonos, vestiámonos e iamos a cear, cando acababamos de cear iamos a unha discoteca e mentres os pais tomaban algo, nos non parabamos de bailar e de rir.

Pasámolo tan ben que este ano imos repetir, pero indo a Tenerife, xa que este ano é máis barato e alí é onde viven as curmás da miña curmá e cáennos moi ben a todos xa que son moi divertidas. Estou desexando marchar.


os cuartos infantís/ imaxe de Aisha Casado Rey


Ningún comentario:

Publicar un comentario