domingo, 9 de xuño de 2019

buscador


Bos días amig@s!!!!!!!!

Hoxe vouvos a explicar como se xoga a un xogo de mesa chamado Buscador. É un xogo para nenos e nenas de máis de oito anos e pódese xogar de dúas a catro persoas.

Este xogo está composto por: 32 pezas de cor vermello, 32 azuis, 32 amarelas e 32 verdes; tamén trae un recipiente para botar as pezas, un temporizador de quince segundos, 12 tarxetas de dobre cara e as instrucións.

O xogo consiste en buscar e atopar no recipiente as seis pezas que hai na túa tarxeta, en cada ronda cada xogador ten 15 segundos para buscar cas dúas mans, cando acabe o tempo todos os xogadores poden buscar cunha man ata que alguén atope os seis elementos da súa tarxeta.

As tarxetas teñen dúas caras, a primeira ten pezas de cor entón terás que atopar as pezas desa cor, e na segunda cara as pezas son de con gris entón terás que atopar as pezas de calquera cor.

Antes de comezar a xogar tedes que acordar se ides a utilizar a cara das tarxetas de cor ou a gris, a cara elixida será a utilizada durante toda a ronda. A continuación baralla as tarxetas e dalle unha a cada xogador. Este deberá colocala diante súa ca cara elixida hacia arriba, despois coloca o temporizador xunto ao recipiente. Pon todas as pezas xunto ao recipiente e mestúralas.

O primeiro xogador activará o temporizador e terá 15 segundos para atopar tantas pezas da súa tarxeta como poida (usando as dúas mans). O xogador colocará as pezas que atopase sobre a súa imaxe na tarxeta. Cando remate o temporizador o turno pasa á persoa da esquerda do xogador e volverá a facer o mesmo que o anterior, así ata que todos os xogadores tivesen o seu turno. Cando o último xogador complete o seu turno todos os xogadores comezarán a buscar pezas para completar as súas tarxetas pero agora só cunha man. Se algún xogador ve a outro cas dúas mans debe gritar o seu nome, e este quedará fóra do xogo durante esa ronda, neste escenario chamado "a por todas" non hai límite de tempo, o tempo remata cando un xogador atopa todas as pezas da súa tarxeta, este será o gañador da ronda e gañará esa tarxeta. Se dous ou mais xogadores atopan a última peza ao mesmo tempo ambos gañan esa ronda. Se algún xogador atopa todas as pezas durante os 15 segundos gaña esa ronda e quedase coa tarxeta.

O primeiro xogador en acumular tres tarxetas (a través de gañar tres rondas) gaña o xogo.
Imaxe de google
https://www.google.com/search?q=buscador+juegos+mesa&source=lnms&tbm=isch&sa=X&ved=0ahUKEwiy1OTrjd3iAhULnxQKHfDhDLQQ_AUIECgB&biw=1280&bih=832

Ningún comentario:

Publicar un comentario