domingo, 9 de xuño de 2019

noticia propia


O fogar dos esquecidos.

Acondiciónase na Pobra do Caramiñal un espazo natural para animais abandonados.

O Goberno da Pobra acondiciona un espazo natural para todos os animais abandonados. Todos aqueles animais aos que os seus donos os maltrataban, os deixaban perdidos no monte ou non lle daban cariño nin os coidados que precisan.
Cans pedíndolle axuda e refuxio á xente/ imaxe de Pixabay

No Concello da Pobra acórdase  darlle este fogar a estes animais neste verán. O 16 de xullo todos estes animais poderán disfrutar do fogar que merecen con todo tipo de coidados  hacia eles.
Gato triste e só/ imaxe de Pixabay

Isto vaise facer nunhas fincas que están pegadas e son propiedade do concello . Son fincas sen edificar e moi ben coidadas, e dentro de pouco serán o perfecto fogar para estes pobres animais.

Este proxecto vaise levar a cabo contratando unhas persoas para adecuar o espazo; preparando as casetas para os animais, os bebedoiros e os comedeiros. Tamén plantarán árbores para ter un espazo de sombra, construirán zonas de adestramento e de actividades. Construirase unha caseta para servizos veterinarios, zonas de aseo e moitas cousas máis.
Cadelo abandonado ao non ser coidadosos ca reprodución non desexada/ imaxe de Pixabay

Para isto tamén van a contratar persoal especializado coa formación específica necesaria para ocupar os distintos postos de traballo. Neste fogar o primeiro son eles, estes animais que non se merecen o que os seus donos lle fixeron.
Gato perdido/ imaxe de Pixabay 

Segundo os datos aportados polas protectoras de animais da Comarca do Barbanza, son moitos os animais abandonados cando deixan de ser cachorros e tamén cando están enfermos. Sendo importante tamén mencionar, que hai unha falta de responsabilidade moi grande con respecto a reprodución non desexada. 

A Policía Local recibe continuas chamadas para alertar de animais que circulan sen rumbo pola estradas e as beirarrúas. 

O fin deste proxecto e poder garantir un espazo acondicionado para aqueles animais que tristemente deixan de vivir cas súas familias, é dende logo unha alternativa interesante, financiada polo Concello.
Can abandonado/ imaxe de Pixabay
Can sucio e olvidado/ imaxe de Pixabay


Aisha, POBRA 09062019 ás 20:09.



Ningún comentario:

Publicar un comentario