sábado, 8 de xuño de 2019

os deberes


Bos días a todos e a todas!!!!!

Hoxe imos falar sobre os pros e os contras dos deberes.

Os deberes son bos, porque con eles podes repasar para un exame ou para algunha proba, e tamén serven para que dun día para outro non se che olviden as cousas que estás dando en cada materia.

Pero o que pasa é que ás veces son demasiados e non tes tempo para xogar cos teus amigos, para ver un pouco a televisión ,para ir a visitar ós teus avos ou, por exemplo, para coidar do teu primo pequeno.

Eu creo que os deberes son bos sempre que sexan unha cantidade que che permita facer todas estas cousas que tes que facer na túa vida e que non teñas que estar toda a tarde sentada ou sentado no escritorio da túa habitación.
Imaxe de Aisha Casado Rey




Ningún comentario:

Publicar un comentario