sábado, 8 de xuño de 2019

vacacións a tenerife



Ola de novo amig@s !!!!!!!!

En Maio fomos de vacacións a Tenerife a un hotel chamado Tagoro, ante de ir estabamos pensando se ir a ese hotel ou ao Baía Príncipe, pero como o ano pasado fósemos a Lanzarote ao hotel Tagoro e encantounos decidimos ir ao Tagoro de Tenerife.

Fomos 14 persoas: Ian (meu irmán), miña nai, meu pai, miña madriña, meu tío, Suray (miña curmá), Inés (unha amiga),  o seu irmán David, a súa nai, o seu pai, Gabri (outra amiga), Pablo (un amigo), a súa nai e eu.

Ao chegar alí o hotel non se parecía nada ao de Lanzarote, era, con diferencia, moito peor. Aínda así collemos o equipaxe e fomos para as habitacións a deixalo. A continuación puxémonos o bikini e fomos a comer ao buffet, alí fixémonos amigos dun cociñeiro que facía unha pasta riquísima, el chamábase Davide e era de Francia.

Ao rematar de comer fomos á piscina ata as sete que fomos para as habitacións a ducharnos para ir a cear. Despois de cear fomos á discoteca e despois fomos durmir.
Cada día Ana (a nai de Inés) ensinaranos frases en galego que se dicían cando ela era pequena.

Ao día seguinte, pola tarde fomos á praia cunhas primas de Suray, chámanse Lúa, Nair e Nati, son moi divertidas.

Ao día seguinte fomos ao Teide, un anaco o subimos nos coches, outro en teleférico e xa o último que podiamos subir ao ser menores de idade, o subimos andando.

Dous días despois as primas de Suray coláronse no hotel para estar connosco e cando abriu o comedor para cear aínda estabamos na piscina, entón Gabri entrou no comedor e tróuxonos nubes molladas na fonte de chocolate, cada vez que pasaba alguén que traballaba no hotel Lúa, Nair e Nati tiñas que esconder a man para que esas persoas non viran que non tiñan pulseira de todo incluído. Pasámolo xenial.

Ao día seguinte fomos ao Aqualand, alí sacámonos fotos cos delfíns e estivemos todo o día subindo e baixando as escaleiras para tirarnos polos tobogáns. 

Tiñamos as habitacións unha ao lado da outra e como os muros que separaban as terrazas eran bastante baixos andabamos a saltar dunha a outra terraza e a xogar ao brilé cunha pelota, que se nos caía abaixo todo seguido, e como os de debaixo eran ingleses, cando caía lle deciamos: "give me the ball please" e os veciños no la tiraban para arriba.

A pesar de que o hotel non tiña nada que ver co que esperabamos, pasámolo xenial!!!!


Imaxe de Aisha Casado Rey

Imaxe de Aisha Casado Rey

Ningún comentario:

Publicar un comentario